CURSO 2011 - 2012
CEIP de NOALLA - TELLEIRO en Sanxenxo, justo frente a la playa de la Lanzada.
*************************************
15 de maio de 2012
DÍA DA FAMILIA
*************************************
15 de maio de 2012
Onte veu pola escola unha persoa da asociación "Andarela" e invitounos a facer con ela unha actividade moi interesante e divertida ¡¡¡plantar herbas de San Xoán!!!
Ela mesma trouxo todas as ferramentas e incluso as plantiñas pequeniñas para que nós plantásemos e se fagan grandes. Puxémonos guantes, tocamos a terra e enchemos os buratos cunhas palas e ata regamos nós mesmos.
O máis divertido e que o fixemos todos os nenos e nenas de Infantil xuntos.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
15 de maio de 2012
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e a homenaxe á figura de Valentín Paz Andrade, persoaxe moi vinculado ao mar, decidimos adornar o recibidor e a entrada da escola con un montón de peixes decorados por todas as familias dos nenos e nenas de Infantil.
Unha vez máis demostraron a súa creatividade empregando unha gran variedade de materiais. ¡¡¡Moitas gracias!!!
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
10 de maio de 2012
Dende o Concello de Sanxenxo convidáronnos a participar nun concurso de pintura. O tema versaba no poeta galego Celso Emilio Ferreiro, sendo o poema "Irmaus" o que nos tocaba en infantil.
Algúns de nós decidímonos a participar, iso sí, coa axuda dos nosos pais e nais e fixemos uns cadros moi bonitos. Ademais eles axudáronnos a entender o poema e a escribir a nosa visión sobre o mesmo.
Aquí podedes ler o poema por si vos interesa e ver algúns dos cadros que presentamos ao concurso os nenos e nenas de Infantil.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
5 de maio de 2012
Fai uns días a Concellería de Medio Ambiente invitounos a participar nunha actividade chamada "Nosos amigos os bosques"
Con esta actividade o que se pretende é dar a coñecer entre os máis pequenos a importancia dos bosques e as relacións que os seres humanos temos con eles, así como fomentar actitudes de respecto cara a natureza.
Primeiro as monitoras fixeron unha lectura animada do conto "A landra viaxeira, que converteu o prado nunha carballeira"
Logo, a landra viaxeiras veunos visitar.
E finalmente, participamos nun obradoiro no que elaboramos un monicreque sobre a obra representada.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
3 de maio de 2012
Xa falta pouco para a conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado á figura de Valentín Paz Andrade.
Aquí deixo un enlace para coñecer algunhas cousas interesantes sobre el e moitas actividades para facer.
E un enlace a un documental sobre o protagonista no que poderemos aprender cousiñas sobre a súa vida e o seu traballo.
*************************************
30 de abril de 2012
Con motivo do Día do Libro, na escola fixemos uns murais moi bonitos e unha exposición con moitos obxectos relacionados cos contos que coñecemos e que, moi amablemente, aportaron as familias.
Con estes murais e todos os materiais xogamos a adiviñar a que contos pertencían. Foi moi divertido.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
10 de abril de 2012
Xa estamos de volta das vacacións de Pascua coa primavera ao lombo. A continuación tedes dous videos moi bonitos para darlle a benvida.
*************************************
8 de abril de 2012
Antes das vacacións de Pascua e contando unha vez máis coa colaboración das familias, puidemos decorar o corredor de infantil con estes ovos de pascua tan orixinais e creativos.
A NOSA PASCUA
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
16 de marzo de 2012
EDUCACIÓN VIAL
Como ven sendo costume dende hai varios cursos neste centro, tivemos unhas sesións de Educación Vial impartidas por dous axentes do Concello de Sanxenxo.
Primeiro déronnos unha sesión teórica e despois veu o divertido, a práctica durante dous días.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
10 de marzo de 2012
Hola a todos outra vez, A continuación vou presentar unha recopilación de todo o que levamos traballado ata o momento durante este 2º trimestre de curso. Espero que disfrutedes vendo como aprendemos e nos divertimos.
OS MURAIS DO INVERNO
Coa chegada do inverno quixemos entrar en ambiente e decorar o corredor e as nosas clases con estes muráis tan bonitos.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
FESTEXAMOS O ENTROIDO
E o tempo segue pasando a todo correr. ¡¡¡Chegamos ao Entroido!!! As profes e o profe de Infantil déronnos a elixir uns traxes moi bonitos para facer unha montaxe e elaborar un novo mural para o corredor. É a representación dunha festa de disfraces de papel, pero ¡¡alguén se colou no medio!! O profe de ximnasia quedou moi favorecido co traxe que se lle puxo….
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
A CANDELORIA:
DÍA DO AMOR EN GALICIA
Xa sabemos que o día 14 de febreiro é o día dos namorados, pero nós en Galicia temos un día propio, o día 2 de febreiro, día da Candeloria. Neste día cásanse os paxariños e tómase como preludio da pronta chegada da primavera. Na clase das xoaniñas (5 anos) decidimos facer unha celebración moi particular e un xoves pola tarde algún de nós viñemos vestidos para a ocasión. Estabamos moi guapos vestidos de voda e ata as Abellas acompañáronnos durante uns intres tamén moi ben vestidos para a celebración da ceremonia. Finalmente fixemos unha ficha relacionada co tema para engadir aos nosos traballos.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
AS BOLBORETAS
FACEMOS ZUME DE LARANXA
Comezamos o trimestre cunha unidade didáctica titulada “El resfriado” e ata púxemolo en práctica porque houbo unha semana na que fomos caindo pouco a pouco casi todos nós. O profe explicounos que para previr os catarros e os resfriados é moi bó tomar vitamina C e qué mellor cousa que a vitamina das laranxas. Pois moi ben, un venres o profe trouxo un exprimidor e fixemos o noso zume en vivo e en directo. Aquí tedes a mostra…
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ
¡¡¡Como pasa o tempo!!! Parecía que acabábamos de chegar das vacacións de Nadal e xa estábamos na semana da Paz. As profes faláronnos de valores e principios e fixemos fotografías en actitudes referidas á Paz coas que fixemos un bonito mural para decorar o corredor de Infantil. Como non, tratamos de portarnos moi ben: compartindo, axudando, colaborando, participando, consolando, etc., etc. As abellas e as xoaniñas fixemos uns bonitos banderines para levar para a casa e as bolboretas unhas divertidas pombiñas para levar nos dediños.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
A COLECCIÓN DE GALLETAS
Un día a profe Carme contounos ás Xoaniñas (5 anos) un bonito conto da Biblioteca da Escola titulado “A colección de galletas”. Puidemos aprender que hai moreas e moreas de tipos diferentes de galletas, así que como nós somos moi ocurrentes, decidimos pedir unha vez máis colaboración ás familias e un xoves pola tarde montamos un chiringuito de galletas na nosa clase e comprobamos que as nosas familias son extremadamente creativas e orixinais. Observade cantos tipos de galletas puidemos xuntar e, como non ¡¡¡saborear!!! Estaban todas deliciosas e como había tantas ata compartimos coas Bolboretas laretas (clase de 3 anos) e as Abellas de cores (clase de 4 anos)
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
VOLTA DAS VACACIÓNS: OS NOSOS XOGUETES
Á volta das vacacións de Nadal todos levamos un dos nosos novos xoguetes á escola para explicar o que é, para que serve, como se xoga e, como non, para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras. Pasamos una mañá superdivertida e diferente. Mirade, mirade que ben o pasamos…
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
8 de febreiro de 2012
APRENDIENDO A APRENDER
APRENDIENDO A APRENDER
Educación, perseverancia y vocación.
Animación que muestra el papel del educador como compañía generadora de retos y el del alumno como individuo con interés por alcanzar el conocimiento. La magia de aprender esta en el truco de querer.
*************************************
28 de xaneiro de 2012
Como sabemos, o próximo luns 30 de xaneiro é o Día da Paz e da Non Violencia. Para conmemoralo, poño aquí un video coa canción de José Luis Perales "Que canten los niños"...
…e este conto que me parece moi bonito.
*************************************
3 de xaneiro de 2012
Hai xa uns días que chegou o inverno, o frío, as xeadas. Aquí vos deixo o vídeo coa Sinfonía "El Invierno" de Vivaldi e unas imaxes moi axeitadas para estas datas.
Tamén vos deixo un bonito conto sobre o Inverno.
*************************************
22 de decembro de 2011
A continuación presento un resumo do que traballamos no Ciclo de Educación Infantil no 1º Trimestre deste curso escolar.
OUTONO
Estes son os murais que fixemos nas clases e no corredor da escola.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
SAMAÍN
Aquí tedes a exposición que fixemos coas cabazas decoradas polas familias.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
NADAL
E, por último, aquí tedes os nosos murais para decorar a escola polo Nadal. Non vos perdades o abeto da clase das bolboretas que bonito é.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
PROXECTOS
PROXECTO DRAGÓNS NA CASA DE DONA LISA E AS XOANIÑAS
A continuación veredes unhas presentacións cun resumo do que foi o proxecto sobre os Dragóns. Foi moi interesante, pero o máis emocionante o traballo cos volcáns. Mirade, mirade...
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
PROXECTO DAS BRUXAS NA CLASE DAS ABELLAS DE CORES
Na clase de catro anos, os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre as bruxas e, entre elas, montaron este recuncho tan completo e fixeron unhas bruxiñas moi divertidas.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
*************************************
9 de decembro de 2011
Xa falta moi pouco para o Nadal. O colexio xa está decorado e comezamos a respirar o ambiente navideño e a cercanía das vacacións, das festas, os regalos, etc...
Eu coñecín estes días, grazas á profe Carmen, ao APALPADOR.
¿Queredes saber quen é?
Polo visto é un personaxe tradicional nestas datas que estaba xa esquecido e que, dende as escolas galegas, estase recuperando.
Aquí vos deixo algúns datos de interese para que o coñezades.
E un vídeo de youtube co conto ilustrado por Leandro Lamas.
Aquí vos deixo un LIM co conto deste curioso personaxe elaborado no CRA Raíña Aragonta de Salceda de Caselas. Só tedes que clicar na imaxe.
Outro LIM, este do CEIP Outeiro das Penas.
E aquí tedes un enlace ao conto Antón e o Apalpador. Non se pode ler completo, pero as ilustracións son moi bonitas.
Curiseando na rede atopei este video cunha copla sobre o APALPADOR.
E curioseando aínda máis, atopei este caderno de traballo sobre o APALPADOR feito no colexio Mestres Goldar de Vigo.
*************************************
21 de novembro de 2011
OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS
Onte, 20 de novembro, celebrouse o día dos Dereitos dos Nenos e Nenas. Nas clases de infantil da nosa escola non quixemos esquecer esta data e fixemos un pequeno traballo para recordar a que temos dereito todos os nenos e nenas do mundo.
Aquí temos un decálogo elaborado pola profe Carmen.
*************************************
10 de novembro de 2011
APRENDIENDO A ESCRIBIR
Curioseando en la red, he encontrado este vídeo que se puede utilizar para aprender la direccionalidad en el trazo de las letras.
*************************************
23 de septiembre de 2011
Hoy comienza el otoño y, aunque todavía no lo parece, pronto empezaremos a notarlo. Bajarán las temperaturas, caerán las hojas, los días serán más cortos…
Aquí tenéis dos vídeos para entrar en ambiente. Uno es la famosa sinfonía de Vivaldi del Otoño y el otro es un cuento muy bonito.
*************************************



























